viernes, 7 de abril de 2017

Valle Inclán, por fin en galego.

Como xa vos comentei na clase, este ano é o primeiro no que temos a oportunidade de achegarnos á obra de Valle Inclán en galego. A compañía Excéntricas foi a primeira en facelo, coa obra A cabeza do dragón.
     Tedes a oportunidade de vela gratis no auditorio de Bertamiráns. Eu xa a vin e recoméndovola! Só tedes que reservar as entradas na web do concello.
Lugar do espectáculo: 
Casa da Cultura de Bertamiráns
Duración: 
85 MINUTOS
Funcións: 
Venres, 5 de Maio de 2017 21:00





 O Centro Dramático Galego, pola súa banda, estreará en galego a obra de Valle Martes de Carnaval o día 20 de abril. Os alumnos de 4º de ESO do IES Milladoiro irán vela o día 26.